Louzán confirma a súa candidatura á presidencia da Federación Galega de Fútbol

PONTEVEDRA> Rafael Louzán será candidato á presidencia da Federación Galega de Fútbol. O actual presidente da Deputación de Pontevedra confirmou esta mañá a súa intención de presentarse, unha decisión que toma, asegurou, debido á ampla petición que lle fixeron os clubs da provincia. Louzán arranca agora un calendario coa vista posta nas votacións do 18 de decembro, tempo durante o que quere reunirse con todos os representantes de clubs, adestradores, xogadores e árbitros de toda a comunidade.

 

Louzán confirmou esta mañá os rumores: o seu nome estará entre os candidatos á presidencia da Federación Galega de Fútbol. Faino animado polo apoio dos clubs da provincia.

Coa vista posta nas votacións do 18 de decembro, o presidente provincial xa comeza a traballar. Hoxe mesmo mantivo unha xuntanza cos clubs da delegación territorial de Pontevedra.

O calendario de encontros seguirá mañá cos asembleístas representantes dos clubs de Vigo, pero a intención é reunirse con todos para trasladarlles algúns dos eixos da súa xestión. Hoxe asegurou que dedicará especial atención ao fútbol base, o feminino e o fútbol sala. Mellorar as instalacións deportivas da comunidade figurará tamén na súa axenda.

Nas votacións do vindeiro 18, Louzán só terá que enfrontarse ao actual presidente da Federación, José García Liñares.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/louzan_federacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/louzan_federacion.mp4{/flowplayer}