Comeza a demolición do Parque de Maquinaria e da Imprenta para liberar a Xunqueira de Alba

PONTEVEDRA> Comezan os traballos de demolición do Parque de Maquinaria e da Imprenta Provincial da Deputación de Pontevedra. A actuación forma parte dun proxecto de recuperación ambiental da Xunqueira de Alba, que conta cun orzamento de 4,4 milóns de euros.

A desmontaxe das pérgolas do aparcadoiro dá o tiro de saída ás obras de demolición da Imprenta Provincial e do Parque de Maquinaria. Trátase do primeiro paso para a recuperación ambiental da Xunqueira de Alba.

As instalacións do Parque de Maquinaria trasladaranse ao polígono de Barro. Precisamente alí a Deputación de Pontevedra ofrece á Xunta de Galicia unha parcela para acoller o equipamento anexo que o goberno autonómico ten ao parque. Pero, cando menos polo de momento, continuará na Xunqueira.

O proxecto de demolición e de recuperación da Xunqueira conta cun orzamento de 4,4 millóns de euros. Despois de liberar o terreo, realizarase un saneamento da zona.

A demolición destes edificios ten un prazo de execución de entre dous e tres meses. A intención é seguir os principios da economía circular, aproveitando todo o que poida ser reutilizado, como o peche perimetral ou as pérgolas. Tamén se fará unha poxa pública con parte do equipamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí