Lores volve gañar, o PP e o PSOE crecen e Marea Pontevedra desaparece

PONTEVEDRA> Os resultados electorais deixan dúas caras en Pontevedra. A primeira é a da vitoria do BNG, agridoce ao non cumprir os prognósticos que sinalaban que Lores podería acadar a maioría absoluta. Sería a primeira en 20 anos.

Na cara da vitoria tamén están os populares e os socialistas. Rafa Domínguez conseguiu o obxectivo de mellorar os resultados de 2015. Sitúase como principal partido da oposición con 9 edís. O partido socialista tamén saíu vitorioso destas eleccións. As eleccións xerais influíron nos pontevedreses e fixeron que Tino Fernández amplíe a 4 a súa representación. Pode ser a clave do vindeiro mandato.

A cara amarga destas eleccións foi, sen dúbida, a de Marea Pontevedra. Os problemas internos e a fragmentación do partido nos últimos meses pasáronlle factura a Luís Rei, que queda sen os dous edís acadados en 2015.

No medio da vitoria e da derrota está Ciudadanos que, con Goyo Revenga á cabeza, logrou manter o seu edil na corporación municipal.