O Plan Revitaliza recoñecido en Europa como “experiencia ambiental relevante”

Pontevedra> O Plan Revitaliza de compostaxe, impulsado pola Deputación de Pontevedra, ven de ser seleccionado como ‘experiencia ambiental relevante’ pola axencia europea ‘Zero waste Europe’, unha entidade oficiosa que traballa da man da Comisión Europea no ámbito do Medio Ambiente. Un recoñecemento que implica que a institución provincial expoña o seu plan en Bruxelas , de xeito presencial, o vindeiro mes de abril.

E o Plan Reviltaliza continúa estando de actualidade, nesta ocasión, debido a que ven de ser seleccionado como ‘experiencia ambiental relevante’ pola axencia europea ‘Zero waste Europe’, unha entidade oficiosa que traballa da man da Comisión Europea no ámbito do Medio Ambiente.

Co recoñecemento da axencia ‘Zero Waste Europe’, un movemento que une municipios europeos e establece relacións con organizacións sen ánimo de lucro (como Amigos da Terra), a proxección do Plan Revitaliza pasa a ser internacional. Según explicou o vicepresidente Mosquera, este recoñecemento a nivel europeo implica que a institución provincial exporá o seu plan de compostaxe en Bruxelas, na Dirección Xeral 11 (de Medio Ambiente), de xeito presencial o vindeiro mes de abril. O nacionalista asegurou que o feito de que o Plan teña sido seleccionado é unha noticia máis que positiva para a Deputación e para esta iniciativa.

O vicepresidente Mosquera explicou na súa comparecencia que a día de hoxe hai instalados centros de compostaxe comunitaria en 27 concellos da provincia. Destacou que a finais de 2017 aínda eran 24 os municipios, pero que se está a traballar en Silleda, Lalín, Valga e tamén en Catoira para poñer en marcha as primeiras instalacións.