O concello de Noia renova as instalacións do estadio de San Lázaro

NOIA> A actuación que se está a levar a cabo nas instalacións do estadio de San Lázaro permitiu a mellora dos vestiarios existentes nos baixos da grada.

Ademais  da reparación de fendas, o saneamento de humidades e o acondicionamento do falso teito das dependencias que dan servizo ós clubs deportivos de fútbol e atletismo, tamén está previsto habilitar un pequeno ximnasio.

Pero este non será o único investimento en infraestruturas deportivas. O Concello traballa tamén no proceso de licitación da antiga nave de Abruñeiras para trasnformala en instalación náutico deportiva.

Na actuación de mellora que se levará a cabo, na que o Concello conta coa colaboración da Xunta, investiranse uns 400 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí