Portos mellorará escalinata e instalacións deportivas de San Tomé

    CAMBADOS> O club de piragüismo de Cambados e as entidades de vela contarán nuns meses cunhas instalacións renovadas. Portos de Galicia vai reparar a escalinata e os locais dos usuarios ante o deterioro das actuais. A obra durará de dous a tres meses co que nese tempo os deportistas resituaranse no Pombal os de piragüismo e no porto de Tragove os de vela. Nas próximas semanas Portos de Galicia iniciará a renovación da escalinata de San Tomé e os locais que arestora empregan varias escolas deportivas e acollen tamén diversas actividades lúdicas e formativas. O deterioro das instalacións actuais levaron ó concello a solicitar a intervención do ente público, que substituirá a cuberta, mellorará vestiarios, acondicionará a praza e apuntalará toda a estrutura. No exterior, as obras de mellora buscarán igualar a imaxe da praza ó deseño que se está a seguir na rehabilitación de todo o conxunto histórico da vila. Mentres duren os traballos, de dous a tres meses segundo cálculos de Portos de Galicia, os servizos que prestan estas instalacións trasladaranse a dependencias do concello e Portos: o club de piragüismo para O Pombal e os usuarios de vela para o Porto de Tragove. Segundo explican desde Portos, a actuación contará cun orzamento próximo ós 130.000 euros, que se suma ó recente investimento no paseo marítimo para solucionar as fochancas provocadas polo mar. Actuación, por certo, que xa está rematada. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/portossantome.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/JJ_ESCALINATA_SAN_TOME.mp4{/flowplayer}