O Banco de Alimentos bate todas as expectativas con máis de 200.000 kg recollidos

PONTEVEDRA> A Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos bateu records. A pasada fin de semana, os supermercados colaboradores obtiveron 800 mil kg de produtos, case un 80% máis que o ano anterior. Só na provincia de Pontevedra o recadado superou tamén o obxectivo, con máis de 200 mil kg.

 

Pontevedra volcouse esta fin de semana co Banco de Alimentos.

Aínda que non están sorprendidos pola resposta da xente, si que están moi agradecidos. Tamén co labor dos voluntarios que estiveron a pé de supermercado.

Con esta Gran Recollida Solidaria, a ONG non precisará facer máis recolectas ata marzo ou abril de 2015 para seguir atendendo aos máis necesitados. E iso que cada vez son máis os que recorren a eles.

Apolíticos e aconfesionais, o Banco de Alimentos atende a máis de 60 mil persoas ao mes, entre as que aparece un novo perfil de persoa necesitada.

Dende a súa delegación de Vigo, o Banco de Alimentos xa atendía a 17 organizacións da cidade. Estas pasarán a depender do centro que comezará a funcionar en Pontevedra a comezos do vindeiro ano.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/banco_alimentos_campana_recollida.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/03/banco_alimentos_campana_recollida.mp4{/flowplayer}