O Restaurante Misturas gaña o concurso Picacentola

    O GROVE> O Restaurante Misturas é o que mellor tapas fai con centola na Península do Grove, ou alomenos, iso foi o que ditaminou o xurado esta mañá no concurso Picacentola.Neste acto, incluído dentro das xornadas da Centola do Grove entregouse tamén un recoñecemento ó pescador de centolas Manuel Otero Pérez, “Nolito”. Este mediodía entregáronse na Lanzada os premios e galardóns das actuais xornadas da Centola do Grove. Amais da distinción ós gañadores do Concurso de Centola Viva, premiouse á mellor tapa elaborada con centola segundo a decisión do xurado alí presente. 

    Logo de probar as tapas presentadas a concurso, o xurado decidiu conceder o primeiro premio ó Restaurante Misturas.

    Este concurso Picacentola persegue promover outras formas de consumir centola máis alá do xeito tradicional. 

    Este acto contou ca colaboración dos estudantes da Escola de Hostalería do Salnés que axudaron a elaborar e servir estes petiscos no entorno da Obradoiro da Lanzada. Amais do concurso culinario, procedeuse á entrega dun recoñemento a un mariscador meco xubilado; que este ano recaeu en Manuel Otero Pérez, máis coñecido como Nolito; un premio que foi recollido polo seu fillo.

    Os actos das xornadas da Centola do Grove continúan aínda esta ponte festiva, con actos moito máis aló da degustación, como é o taller de cociña en familia organizado para o vindeiro sábado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/centola_concurso.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/concurso_picacentola.mp4{/flowplayer}