Gómez Noya, Álex Vidal e os irmáns Paz entre os premiados do Deporte Galego 2014

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/premios_deporte_galego.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/PREMIO_DEPORTE_GALEGO.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> O triatleta Javier Gómez Noya, mellor deportista galego 2014, o parataekwondista de Ribeira Álex Vidal, mellor deportista discapacitado, e os títulos de mellores equipos feminino e masculino de Galicia para as viguesas Alejandra SuáreZ e Elena Pérez e os irmáns Paz. Son algúns dos galardoados este ano cos Premios do Deporte Galego. O xurado fallou esta mañá as distincións en Vilagarcía, cidade que acollerá a gala de entrega o próximo nove de abril. O catro veces campión do mundo de triatlón, Javier Gómez Noya, recollerá este ano o seu segundo Premio do Deporte Galego. Xa fora distinguido no 2011, e esta edición faise co galardón ó Mellor Deportista Masculino. Hai outra que repite, a para triatleta Susana Rodríguez, mellor deportista feminina con discapacidade que tamén logrou outro Premio do Deporte Galego no 2011. Son dous dos nomes que esta mañá dou a coñecer o xurado cualificador dos galardóns. Na lista das 17 categorías atopamos como mellor deportista feminina á xogadora de fútbol sala Vanesa Sotelo e varios nomes arousáns. O parataekwondista de Ribeira Álex Vidal logrou o premio ó mellor deportista masculino con discapacidade. E os mellores equipos quedaron no eido da Vela con sede en Vilagarcía: o feminino ó tándem formado polas viguesas Alejandra Suárez e Helena Pérez; o masculino para os irmáns Carlos en Antón Paz. No eido das entidades vinculadas ó mundo do deporte, a conserveira do Barbanza Frinsa fíxose co premio ó patrocinio deportivo. A gala de entrega dos galardóns celebrarase o próximo nove de abril a partir das sete e media da tarde no Auditorio de Vilagarcía.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí