PSOE e Somos piden explicacións ao alcalde de Ribadumia polo caso da anciá con covid ‘desaparecida’

RIBADUMIA> Pois centrámonos agora no caso da anciá con covid da redencia de Ribadumia que “desapareceu” no seu traslado a Vigo. Somos Ribadumia e o PSOE cargan contra o alcalde de Ribadumia polas súas declaracións nas que acusaba á familia de facer política. Cre que a súa comparecencia foi un erro e agora pídenlle explicacións sobre o seu papel neste caso.

As declaracións do alcalde de Ribadumia sobre a familia da anciá con covid “desaparecida” no seu traslado da residencia a un centro de Vigo desatan a treboada política na localidade.

Somos Ribadumia e o PSOE, formacións ás que David Castro acusou de facer política con este asunto, lamentan as declaracións do rexedor. Cren que están fóra de lugar. Unha comparecencia antes os medios que para Somos Ribadumia serviu para atacar á familia da anciá.

Malia que ambas formacións salientan que o concello non ten competencias no asunto, agora piden explicacións ó alcalde polas súas declaracións. Ademais, o voceiro socialista quere saber se o alcalde tiña realmente información do traslado da anciá e a través de que vía chegou ó concello.

Ambas formacións amosan a súa preocupación pola evolución do gromo da residencia de DomusVi e as condicións laborais dos traballadores do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí