VILAGARCÍA> Sen poder aguantar as bágoas de impotencia e carraxe. Así anunciaban as traballadoras da Conserveira Cuca de Vilaxoán…
{flowplayer}images/salnes/conservas_cuca_100513.flv{/flowplayer}
… que foran chamadas a incorporarse ó traballo na factoría do Grove; o que para elas non é máis que unha estratexia sucia máis para que deixen de vixiar estas instalacións para evitar o traslado da maquinaria. Así e todo, seguirán á espera da sentencia do xuízo que tiveron no Xulgado do Social o pasado 29 de abril para que se poidan manter os postos de traballo desta última conserveira en Vilaxoán. Amais anuncian que van a estar a alerta por se a Xunta decidise conceder axudas ó Grupo Garavilla, o que para eles sería unha prevaricación que elevarían ante a Unión Europea. Mentres tanto, continuarán na loita.
Atrás quedan episodios duros de reivindicación, o meirande deles acontecido cando uns camións cargaron a producción que albergaba a planta protexidos por un amplo dispositivo policial que, segundo as testemuñas, exerceu unha represión desproporcionada cas traballadoras. Tras momentos tan intensos botaron en falla a axuda dos políticos.
O que si non lles faltou nunca foi o apoio cidadán: todo Vilaxoán e a contorna volcáronse no apoio destas traballadoras de xeito incondicional. É por isto polo que lles queren dar as gracias nunha sentida homenaxe que anuncian para o vindeiro domingo, ás once da mañá, diante das portas pechadas desta factoría en Vilaxoán.
Redacción Salnés