A Carreira Popular ‘Mar de Boiro’ aumenta este ano a súa distancia en 10km

    BOIRO> O concello de Boiro ven de presentar a X Carrera popular ‘Mar de Boiro’ que se celebrará o vindeiro 14 de decembro as once da mañá, coincidindo este ano co octavo memorial Pepe Buceta. A novidade de este ano é o aumento da distancia en 10.000 metros.

    O alcalde de Boiro Xoán Xosé Dieste xunto co técnico de deportes Geno Rodríguez e o corredor Rubén Caamaño veñen de presentar unha nova edición da ‘Carreira de Boiro’ na que con respecto a anos anteriores non cambia nin o trazado nin a filosofía, tan só os kilómetros da distancia. A novidade de este ano e a ampliación dos kilómetros de distancia. O ano pasado a carreira contaba con case 8 kilómetros e medio e este ano decidiron aumentar a 10. Unha das razóns de peso deste aumento foi a petición dos corredores, xa que 10.000 metros é xa unha boa marca. O alcalde Xoán Xosé Dieste destacou tres puntos importantes relacionados coa carreira que están levando a cabo. O primeiro deles a homologación da carreira ca federación, intentar que a carreira forme parte das carreiras profesionais; a creación dun clube de atletismo e as infraestructuras para levar a cabo dito clube. Dende o concello fan un chamamento á participación, esperando que o tempo acompañe este ano e non sexa como o ano pasado. Aínda así esperan unha participación de 1.200 persoas e os que o desexen aínda están a punto de inscribirse ata o xoves 11; ben na páxina web championchipnorte.com e os nenos na casa da cultura. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/carreirapopularmardeboiro0512141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/carreirapopularmardeboiro051214.mp4{/flowplayer}