O BNG logra o acordo para o reforzo do persoal do centro de saúde de Ribeira

RIBEIRA> O BNG levou hoxe ó Parlamento as fallas de persoal e as necesidade de ampliación no Centro de Saúde de Ribeira. Entre outras cuestións os nacionalistas pedían o reforzo do cadro de persoal ante las necesidades derivadas da pandemia. A queixa recollía as propias demandas dos facultativos deste dispensario, que en ocasións tiñan que atender a unha media diaria duns 70 pacientes.

A iniciativa defendida pola deputada Rosana Pérez foi aprobada por unimidade co respaldo de tódolos grupos con representación parlamentaria. Reclamaba repoñer de xeito inmediato o número habitual do personal sanitario neste centro de saúde, reforzando o cadro de persoal, con especial atención á área de pediatría, ante as necesidades derivadas da pandemia, incluíndo as baixas e vacacións do seu persoal.

A deputada nacionalista incidiu tamén nos problemas de espazo deste centro. Un punto que dende a bancada popular sinalaron que está en vías de solucionarse.

No debate parlamentario Rosana Pérez tamén aludiu ás deficiencias do Hospital da Barbanza e pedíu un compromiso do Partido Popular para paliar os recortes acumulados durante estes anos de gobernos populares.