Nace o Club Ciclista do Grove

O GROVE> A afección polo ciclismo que hai neste municipio acaba de dar vida ó Club Ciclista do Grove. A entidade conta cuns corenta membros que xa levan meses organizando quedadas e saídas polo municipio e que agora, como membros xa da Federación Galega, fan a súa presentación oficial. Preto de corenta homes e mulleres, na súa meirande parte de categoría sénior, integran o Club Ciclista do Grove. A afección por este deporte impulsou a creación da asociación na vila. Integrados xa na Federación galega e rexistrados na Xunta, teñen a maquinaria en marcha para promover citas deportivas e impulsar o deporte do ciclismo no Grove. Impulso ó deporte e formación sobre seguridade viaria. Desde o concello acollen cos brazos abertos a esta nova entidade, mostra, di o concelleiro do ramo Alfredo Bea, do gran potencial a nivel deportivo que está manifestando O Grove. Lanza Bea unha directa ó alcalde: que este pulo do deporte se vexa contestado nos próximos orzamentos cunha maior partida económica ós clubs. Luva que recolleu Miguel Ángel Pérez confirmando esa aposta polo deporte meco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/clubciclistagrove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/CLUB_CICLISTA_GROVE.mp4{/flowplayer}