Ribeira quenta motores para a concentración tunning desta fin de semana

    RIBEIRA> Entre cincuenta e sesenta coches participarán na oitava concentración tunning Riveira. Terá lugar o un e o dous de xullo na explanada de Coroso, onde se entregarán ó redor de oitenta trofeos entre os participantes. Os motores volverán ruxir esta fin de semana en Ribeira coa oitava edición da concentración organizada poloGDC Tunning e o concello. A explanada de Coroso acollerá a exposición de máis de medio cento de vehículos tuneados procedentes de toda España. Ademais de a nivel estético haberá probas de son, puntuables para o campionato nacional de tunning, de escape e mesmo un desfile polas rúas do centro de Ribeira que dará comezo o sábado ás once da noite. A cifra de participantes pode medrar xa que, ademais dos preto de sesenta confirmados, a inscrición permanecerá aberta durante tod a xornada do sábado. O domingo pola tarde terá lugar a entrega de premios na que se repartirán máis de oitenta trofeos. Como cada ano,esta concentración ten unha vertente solidaria. Desta volta, en favor da Protectora Moura á que se destinarán integramente cinco euros dos quince que custa a inscrición.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí