Os resíduos forestais, tema central do Simposium Forestalia

    O Simposium Forestalia abordará esta semana os aproveitamentos dos residuos forestais, tanto para enerxía como para protección do medio ambiente. As xornadas foron presentadas na Cámara de Comercio de Pontevedra.

    Pontevedra acolle este xoves e venres o segundo Simposio Forestalia que organiza a Cámara de Comercio pontevedresa e que se centrará no aproveitamento da biomasa forestal, nos aspectos enerxéticos e medioambientais. Algunhas das ponencias de Forestalia repasarán o cambio climático e o Protocolo de Kioto, os incendios forestais ou aproveitamento de residuos forestais e producción de biocombustibles. Un aspecto este último que comeza a ser rentable, tendo en conta os altos prezos do gasóleo.

    Desde a Cámara de Comercio destacouse o prexuízo que supuxeron os incendios forestais deste ano, que calcinaron 45 mil hectáreas. O vicepresidente Ricardo Mirón destacou a importancia do sector na economía galega. Sinalou que, cunha facturación de 1.500 millóns de euros, representa o cinco por cento do Producto Interior Bruto de Galicia pero lembrou que a asignatur pendente segue sendo a segunda transformación.

    Os delegados provinciais das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente aseguraron que tomarían boa nota das conclusións deste simposio, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra.

    Redacción Salnés