Os produtos galegos son a mellor opción para os menús de Nadal

GALICIA> Chega o Nadal e con el as grandes comidas en familia nas que non queremos que nos falten ningún detalle. E para darlles ós nosos o mellor nestas festas non hai nada mellor que os produtos da nosa terra, certificados por marchamos de calidade a nivel europeo. 

Vivir en Galicia, como en calquera lado do mundo, ten as súas vantaxes e desvantaxes. A nota negativa póñena as chuvias e o frecuente mal tempo. Polo contrario, unha das mellores cousas que temos neste recuncho do nordés peninsular é que se come como en poucos sitios. Os produtos do noso mar e da nosa terra teñen un altísimo nivel de calidade que, amais, en moitos casos, veñen certificados con marchamos recoñecidos a nivel europeo. Deste xeito, nada mellor para agasallar ós nosos neste Nadal que con xantares e ceas feitos con produtos galegos. Para iso é mester comprar polos vieiros legais establecidos e fixarse na etiquetaxe. E é que a dieta atlántica non ten nada que envexar a outras que presumen de saudables. Amais, na nosa autonomía hai case oitocentas pequenas empresas implicadas na produción de alimentos amparados baixo algunha Denominación de Orixe Protexida, unha Indicación Xeográfica Protexida ou o selo de Agricultura Ecolóxica. A maiores destas certificacións, que garanten a orixe e a trazabilidade dos alimentos; estes selos de calidade son unha ferramenta útil para que os pequenos produtores galegos poidan defenderse no mercado. Pesca de Rías, Ternera Gallega , Grelos de Galicia, Mexillón de Galicia con DOP, Viños das cinco Denominacións de Orixe Galegas ou Mel de Galicia son só algunhas das etiquetas que temos que buscar nas nosas prazas, supermercados ou tendas especializadas da nosa confianza se queremos dar ós nosos o mellor cada día.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/calidade1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/09/produtos_galegos_calidade.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí