A Subdelagación do Goberno continúa co reparto de material de protección en toda a provincia

BARBANZA> A entrega de máscaras realízase principalmente en estacións ferroviarias e de autobuses. Tamén se efectúa nas entradas a polígonos industriais e en accesos a portos.

Durante estes días a Subdelegación do Goberno na Coruña continúa co reparto de máscaras cirúrxicas á toda a poboación. A iniciativa ten coma principal finalidade reforzar e dar cumprimento á medida que entrou en vigor este pasado luns coincidindo co inicio da Fase 0, na que establece a obriga do uso de máscaras no transporte público.

En toda a provincia da Coruña foron máis de cen puntos de reparto. Na maioría dos casos optouse por zonas moi confluídas. É o caso de estacións de autobuses ferrocarril, e entradas a polígonos industriais e accesos a portos.

Nos labores de reparto participa un numeroso continxente de axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, así como tamén Policías Locais e Autonómicos e voluntarios de Protección Civil.

Durante a xornada de hoxe iniciouse tamén a segunda fase de entregas de máscaras a entidades sociais e asistenciais da provincia. Coa entreda deste material preténdese facilitar as súas tarefas de voluntariado e de xestión desta crise sanitaria.

Con este reparto dende a Subdelegación do Goberno pretende contribuírse a diminuír a posibilidade de contaxio do COVID-19 entre oss traballadores destes centos e tamén os seus usuarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí