VILAGARCÍA> O PSdeG denuncia que a sanidade na comarca do Salnés está cada vez máis deteriorada. Os socialistas lamentan que coa nova Lei de Saúde, que suprimiu a área sanitaria, o Hospital comarcal está a perder servizos a favor de Pontevedra. O grupo socialista vai presentar varias iniciativas no Parlamento Galego sobre este asunto.
Os socialistas aseguran que a comarca do Salnés arrastra dende hai anos varios problemas en materia sanitaria. Uns problemas que, ademais, se ven agravados, segundo din, coa nova Lei de Saúde de Galicia, que implicou a supresión da área sanitaria.
Esta mañá, en Vilagarcía, os socialistas volveron reivindica-la construción dun novo centro de saúde. Dende o PSdeG falan de “sectarismo”. Nesa mesma liña, o alcalde vilagarcián. Alberto Varela aproveita para critica-la actitude do PP.
O grupo socialista vai levar ó Parlamento Galego varias iniciativas sobre a situación da sanidade na comarca.