A Xunta destina 3 millóns á explotación das depuradoras da Illa, Ribadumia e Meaño

    O consello da Xunta aprobou esta mañá o proxecto de acordo polo que se licita en conxunto a xestión e explotación das estacións depuradoras da Illa, Meaño e Ribadumia. Preto de tres millóns de euros que se distribuirán nas tres próximas anualidades e que terán como fin realizar as tarefas precisas para que as instalacións funcionen de xeito axeitado e que os equipos de saneamento e depuración operen de xeito óptimo, sen desprender olores e de forma continuada. A licitación conxunta das tres depuradoras permítelle á administración autonómica aforrar un 22,5% do importe que se tería que investir de licitar cada proxecto por separado. AS depuradoras da Illa, Meaño e Ribadumia dan servizo en conxunto a 57.880 habitantes. A través do seu mantemento axeitado contribúese a que a ría permaneza saneada, axudando así ó sostemento de actividades como a pesca, o marisqueo ou o turismo.