RIBADUMIA> Esta mañá clausurouse en Ribadumia unha nova edición do Obradoiro de impresión 3D multicor impulsado pola Mancomunidade do Salnés. O obradoiro forma parte do Programa Integrado de Emprego do organismo comarcal, que busca dotar a persoas desempregadas de habilidades altamente demandadas no mercado laboral.
Neste curso participaron oito alumnos, que aprenderon a craer prototipos e obxectos en múltiples tons. Este obradoiro busca proporcionar ao alumnado coñecementos técnicos ao tempo que se fomenta a creatividade e a innovación nas súas respectivas áreas laborais.
Esta acción formativa da Mancomunidade tivo unha duración de 80 horas, repartidas en teoría e práctica.











