Escolares de Valga asisten a unha recreación da moenda do trigo

    moenda_valga100_250909.jpgVALGA> Estas imaxes xa quedan nas lembranzas de moitas persoas, pero esta mañá volveron repetirse en Valga.Grazas a unha iniciativa creada para os…

    {flowplayer}images/salnes/moenda_valga.flv{/flowplayer}

    … máis pequenos, co fin de que estes coñezan como se facía antigamente o pan, maiores e rapaces xuntáronse para participar nunha das súas últimas fases: a moenda do trigo. Pero para chegar ata aquí, primeiro téñense que levar a cabo outras labores E inda queda por facer a máis importante e tamén as máis rica. Os rapaces dos colexios Xesús Ferro Couselo e de Baño, desprazáronse esta mañá ata os muíños de auga de Parafita para axudar neste traballo pero, ¿que é o que hai que facer nestes muíños? Un traballo nada doado pero que os maiores fan con moitos gusto, pois para eles é como un día de festa poder recordar novamente estas.

     A implicación dos cativos nesta actividade, que xa é o terceiro ano que se realiza, é moi alta, as ganas de participar e de divertirse repítese en cada ocasión que se fai, ó igual que a súa curiosidade de saber o grande misterio que encerra a moenda.

    Agora só queda un paso, facer o pan, quizás este sexa máis levadeiro que os anteriores.

    Redacción Salnés