Premio para os alumnos máis aplicados de Valga

    premios100.jpgVALGA> Oito alumnos dos centros escolares de Valga foron premiados onte por ter os mellores resultados académicos do pasado curso.

    premios300.jpgVALGA> O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asegurou onte que a Xunta está a apostar pola calidade educativa. Neste senso, avogou polo traballo en conxunto de docentes, familias e administración para saír reforzados da actual crise económica e de valores.

    Así o dixo no acto de inauguración do curso escolar do concello de Valga. Jesús Vázquez participou tamén na entrega de premios ós mellores expedientes académicos do pasado curso. Foron oito: Antía Figueira Gómez, de 6° de Primaria do Ferro Couselo; Antía Varela Río, do mesmo curso pero do CEIP Baño; Luz María Iglesias Calviño, de 4° de ESO do instituto e o seu compañeiro de centro Alfonso Catoira García; Osiris Arcos Domínguez e Marcos Miguéns Vilas, do Ciclo Medio do IES; Nansi González Constenla, do Ciclo Superior en Construccións Metálicas; Olalla Rial Maneiro, de 2° de Bacharelato na modalidad de Humanidades e Ciencias Sociais; e Adriana Lucía Romero Lestido, tamén de 2° de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

    O conselleiro de Educación felicitou ós alumnos pero tamén ós profesores pola súa implicación e interese a prol dunha mellor formación. Onte tamén se entregaron os galardóns do terceiro premio de investigación escolar Xesús Ferro Couselo, que recaeu no traballo sobre os alcumes de Valga, elaborado polas clases de 5ºA e 5ºB de Educación Primaria do colexio de Baño. Tamén se premiou o proxecto do 6º curso de Primaria do colexio Xesús Ferro, que incluíu unha guía telefónica con alcumes de Cordeiro. No acto tamén participou o alcalde de Valga.

    Redacción Salnés