Comeza un nadal completo de actividades na Pobra do Caramiñal

    POBRA> O concello da Pobra do Caramiñal e o centro comercial Deán veñen de presentar as actividades que se levarán a cabo durante este Nadal. Haberá actividades para distintas idades durante todos os días de Nadal poñendo o punto final na cabalgata dos reis magos.

    O concello da Pobra do Caramiñal comezou hoxe a tarde cas súas actividades de Nadal. O centro comercial Deán volve sacar as tendas á rúa, esta vez nunha carpa na praza do emigrante que estará aberta durante toda a fin de semana e onde as actividades irán centradas en maior medida ós protagonistas de estas festas. Cabe destacar que este ano todas as actividades relacionadas co Nadal concentraranse nesta carpa na praza do Emigrante, tendo como novidade este ano unha orquestra o día 31 para amenizar a noite de ano novo. Ademáis de actividades comerciais e lúdicas tamén se levarán a cabo unha amplia gama de actividades deportivas; comezando co festival de patinaxe artística que terá lugar mañá no polideportivo de Venecia e rematando co Nadal crocheiro que terá lugar o sábado 27 tamén nas instalacións do polideportivo. O que se pretende con toda esta amplia gama de actividades é englobar a todas as idades dende os máis pequenos ata os maiores disfrutando así de estas datas tan sinaladas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/actividadesculturapobra1912141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/19/actividadesculturapobra191214.mp4{/flowplayer}