GALICIA> Formoso aludiu hoxe a que Galicia verá aumentado nun 24% máis de asignación nos Orzamentos do Estado para o vindeiro ano para o reforzo da atención primaria. Por iso demándalle á Xunta que aproveite este incremento e invista ela máis tamén en atención primaria.
Tamén lle pide a Rueda que suba nun 8,5% o complemento das pensións non contributivas, como tamén o fai o Goberno Central.