O PSOE boirense pídelle ó executivo un compromiso ‘real’ contra os vertidos

    BOIRO> Para os socialistas o saneamento debería ser unha das prioridades do goberno municipal. Despois da denuncia realizada a pasada semana no Coído, na que facían referencia a un novo vertido directo ó mar polo mal funcionamento da rede xeral de saneamento, os socialistas pídenlle ó executivo local un compromiso real de cara a solucionar todos estes problemas. Segundo eles debería de ser unha das cuestións prioritarias para o equipo de goberno debido a importancia, ó ser unha das principais fontes de ingresos para o municipio. Para eles, de nada valerán os máis dun millón de euros que a Xunta vén de aprobar para facer arranxos nos pozos de bombeo de Subuqueiro e Esteiro, así como nas melloras na actual EDAR de Cabo de Cruz. Trátase de actuacións insuficientes que non porán fin a un problema que lonxe de ser puntual representa unha situación continua como indican os 149 puntos de vertidos rexistrados por Augas de Galicia ó longo de toda a costa boirense.