O executivo ribeirense pavimentará as rúas e prazas do entorno do auditorio

    RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de adxudicar á empresa Canarga S.L por un importe de máis de 43 mil euros das obras de pavimentación das rúas e prazas situadas no entorno do auditorio municipal. Con esta actuación o executivo pretende mellorar o estado do firme da zona que se atopa moi deteriorado polo numeroso tránsito diario de vehículos.

    A actuación que vai ter lugar preto do auditorio de Riveira ten un importe de máis de 43.000 euros. As rúas a prazas nas que se levará a cabo esta obra son a rúa de Portugal, a praza dos Mariñeiros e de Cemiteria e o resto das vías situadas en torno o auditorio, ó edificio de Facenda e ó Centro de Saúde. A superficie total da pavimentación é de 4.600 metros cadrados e será a empresa Canarga S.L a encargada de levar a cabo esta obra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/obrasribeira3012141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/obrasribeira301214.mp4{/flowplayer}