OUTES> No caso da parada de Ponte Nafonso dende o Concello afirman que a decisión da Xunta de suprimir temporalmente esta parada tomouse a comezos de febreiro, despois da reforma realizada na ponte, e sen notificalo previamente ó Concello.
A día de hoxe segue inoperativa a pesar de que dende o executivo lle presentaran varias solucións alternativas ó problema.
Na mesma solicitude o goberno outense pedía tamén unha proposta de modificación de horarios para facer coincidir a liña de transporte coa entrada e saída nos institutos de bacharelato e ensino non obrigatorio de referencia, xa que era o único transporte que financia a Xunta de Galicia para os menores de 21 anos.
Dende o Concello tamén se demanda a creación dunha nova liña que conecte cos hospitais de Santiago e que se axusten ós horarios de quendas do persoal sanitario para poder así dar servizo tanto ós traballadores coma ós pacientes.











