O PP boirense aproba en solitario definitivamente os orzamentos para o 2015

    BOIRO> A corporación municipal boirense celebrou onte pola noite unha sesión plenaria con carácter extraordinario que lle serviu ó equipo de goberno, o Partido Popular, para aprobar definitivamente os presupostos para o vindeiro ano 2015. O punto saíu adiante cos votos a favor dos populares, e a negativa de BNG, PSOE e Unión Popular. Cabe destacar a ausencia no pleno dos edís díscolos do BNG, Dores Torrado e Xoán León, así como tamén a ausencia da representante de Iniciativa Cidadá. Como xa fixeran na aprobación inicial os grupos da oposición criticaron o documento orzamentario, que se sitúa uns 12’4 millóns de euros, aludindo en liñas xerais ó escaso investimento destinado a servizos sociais e á creación de emprego no municipio. Dende o executivo volveu a incidirse en que se trata duns presupostos realistas, moi acordes ós tempos nos que vivimos, que evidencian unha importante contención do gasto, para reducir a débeda do concello, actualmente moi por debaixo dos límites legais permitidos, e lonxe das contas herdadas do goberno bipartito cando accederon á alcaldía.