CAMBADOS> Cambados contará no 2016 cunha nova e moderna Praza de Abastos. Esta actuación suporá unha inversión de 3.600.000 euros achegados polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o propio Concello Cambadés. Esta tarde foi o acto formal da sinatura do convenio para unhas obras que comezarán nos primeiros meses do ano que ven.
Cambados contará nuns dous anos cunha nova e moderna Praza de Abastos no entorno da actual e da lonxa vella. Para iso é mester unha inversión de 3.600.000 millóns de euros, que serán achegados nun 60 % polo Ministerio de Fomento; a Xunta disporá 648.000 euros e o concello a cantidade restante, case 800.000 euros. Esta actuación virá a dar un novo pulo a actividade comercial e turística deste Concello e contará con algún servizo novidoso. Esta tarde tivo lugar o acto de sinatura do convenio de colaboración entre os máximos representantes do Ministerio de Fomento, a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cambados. Cumpríase así cunha ansiada demanda dos praceiros e dos pequenos comerciantes cambadeses. Nesta comparecencia Ana Pastor falou tamén doutras actuacións nas Rías Baixas. Asegurou a Ministro que o seu departamento está a intentar minimizar os impactos que suporá a circunvalación á Cidade de Pontevedra. Amais asegurou que as obras do AVE ó seu paso polas Rías Baixas avanzan a bó ritmo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/convenio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/30/convenio_praza_abastos.mp4{/flowplayer}