LOUSAME> A Deputación da Coruña realizará unha achega de preto de 324 mil euros ó concello de Lousame que permitirá a mellora de varios viais neste municipio, concretamente irán destinados á estabilización dun noiro na estrada AC-308 para evitar desprendementos preto do centro de día, á construción tamén dunha senda peonil dende Sanguiñal a Marracín de Arriba e un camiño da Barreira a Guiende, en Tállara. A alcaldesa, Teresa Villaverde, destacou a importancia que van ter estes traballos na mellora da seguridade viaria dos veciños e veciñas de Lousame.
A primeira das actuacións de aproximadamente uns 200 mil euros permitirá a estabilización dun noiro na estrada AC-308 para evitar desprendementos preto do concello. As obras consistirán en construír un muro sobre a beirarrúa e na zona de aparcamento que hai neste punto do viario e así resolver a caída de terras. O organismo provincial asumirá en solitario o custe total desta obra. Por outra banda, cunha achega de 125 mil euros procedentes tamén dos fondos provinciais construirase unha senda peonil dende Sanguiñal a Marracín de Arriba e de camiño da Barreira a Guiende en Tallara. Preténdese así gañar en seguridade viaria para os veciños que residen na zona. Nestas dúas últimas actuacións, a Deputación asumirá o 80% do custo total dos traballos, que ascenden a preto dos 158 mil euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/conveniosdeputacioncorunaconvenioslousame0201151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/conveniosdeputacioncorunaconvenioslousame020115.mp4{/flowplayer}