Stop Desafiuzamentos evita as execucións hipotecarias no Barbanza

    RIBEIRA> Ó longo de 2014, Stop Desafiuzamentos do Barbanza atendeu a medio cento de familias. As xestións da plataforma e a colaboración das entidades bancarias evitaron que se fixera efectivo ningún desaloxo. Malia a crise e a difícil situación económica que atravesan moitas familias, o balance anual da plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza é positivo. Grazas ás numerosas campañas e xestións realizadas por esta entidade, evitáronse as execucións hipotecarias previstas a través de diversas fórmulas, en colaboración cos bancos. Ademais de seis acordos para suspender a subhasta xudicial de vivendas habituais procedeuse a asinar tres contratos de aluguer social e catro dacións en pago. Estes datos esperanzadores revelan a cara máis amable do drama que están vivindo milleiros de persoas a piques de perder a súa vivenda por mor da crise. Por esta razón, a plataforma seguirá a esixir o cambios lexislativos necesarios para frear os desafiuzamentos e garantir unha vivenda digna a tódalas familias. Ó longo deste ano, seguirán a traballar en colaboración cos concellos, bancos e outras entidades como o valedor e o defensor do pobo para evitar que se execute ningún desafiuzamento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/balanceanualstopdesafiuzamentos0201151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/balanceanualstopdesafiuzamentos020115.mp4{/flowplayer}