Boiro novo presentará unha ducia de emendas os orzamentos municipais

    BOIRO> Boa parte desas propostas foron achegadas polos propios veciños, a través da campaña de participación cidadá realizada pola formación na súa web. Boiro Novo incluirá unha ducia de emendas ós orzamentos municipais, que serán sometidos á súa aprobación definitiva no próximo pleno de marzo. Boa parte desas propostas ó documento orzamentario foron recollidas da propia veciñanza, a través da campaña de participación cidadá realizada pola formación na súa web. Unha delas busca diversas melloras en varios centros educativos do municipio. Outra das súas demandas vai dirixida ó arranxo da estrada de Runs a Balteiro, ó atoparse nun pésimo estado. Boiro Novo pide tamén melloras na seguridade viaria na zona de Ponte Goiáns, coa construcción de novas beirarrúas na zona da Ponte e o arranxo da actual marquesiña de autobús. Reclaman tamén a promoción de máis actividades de índole social, así como que se faga cumprir a lei de memoria histórica coa retirada de diversa simboloxía fascista en zonas como as fontes de Goiáns e Moitementa, ou o lavadorio de Cabo de Cruz.