Saen a licitación as obras dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro

    BOIRO> O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras de mellora dos bombeos de Esteiro e Subuqueiro, no concello de Boiro, co fin de renovar e optimizar o sistema de saneamento deste municipio. O Goberno Galego, a través de Augas de Galicia, financia a totalidade destas actuacións, cuxo investimento ascenderá a máis de un millón de euros.

    Segundo os últimos estudos realizados por este organismo, os caudais reais impulsados polas bombas existentes actualmente tanto en Esteiro coma en Subuqueiro están afastados dos que teoricamente deberían bombear, o que pon de manifesto a perda de rendemento que teñen sufrido estes equipos por mor da súa antigüidade. Estas melloras levarán tamén aparelladas a instalación dun sistema de telexestión para o control dos tres bombeos principais da rede de Boiro como é o caso do tanque de Chouza, de Esteiro e de Subuqueiro, así como a obtención de datos en tempo real dos caudais circulantes. A través destas actuacións, a Xunta, colabora co executivo boirense na eficacia dos seus sistemas de depuración, tratando de optimizar o saneamento da ría de Arousa, blindando así actividades fundamentais para esta zona como é son o marisqueo, a pesca ou o turismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/doganunciosaneamentoesteiroesubuqueiro0201151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/doganunciosaneamentoesteiroesubuqueiro020115.mp4{/flowplayer}