Sae a licitación o equipamento do centro de día da Pobra

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/02/aperturacentrodediapobra0201151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/02/aperturacentrodediapobra020115.mp4{/flowplayer} POBRA> O alcalde, Isaac Maceiras, confía en que as instalacións poidan entrar en funcionamento a partir de marzo. Despois de varios atrancos, entre eles o concurso de acredores ó que tivo que facer fronte a empresa que resultou adxudicataria das obras do centro de día pobrense, que obrigou á consellería de Traballo e Benestar a sacar novamente as obras a concurso, a apertura das instalacións está máis preto. Segundo explicou o alcalde, Isaac Maceiras, o DOG publicaba hai uns días o anuncio de licitación do seu equipamento. Este será o paso definitivo para a súa posta en marcha. Un proceso que podería estar rematado segundo el a partir do mes de febreiro coa adxudicación da súa xestión. Hai que lembrar que o futuro centro de día pobrense dará servizo a unhas 40 persoas. O seu custe rondou preto dos 900 mil euros, financiados integramente pola consellería de Traballo e Benestar, a través do Consorcio Galego de Benestar. A esta actuación hai que sumarlle tamén as obras de urbanización levadas a cabo nas inmediacións, que posibilitou a mellora e reordenación da zona de acceso, non só a estas instalación,s senón tamén á residencia e ó centro de saúde. Unha obra cun custe duns 240 mil euros sufragados nun 80% pola Deputación da Coruña e a parte restante polo propio concello.