Adxudicadas as obras de pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro

    RIBEIRA> O executivo ribeirense desenvolverá proximamente a pavimentación da rúa Xosé Ramón Barreiro, no tramo situado entre as rotondas coñecidas como da Poutada e da Serea, moi preto do barrio de Abesadas. O mal estado que presentaba actualmente esta rúa, que mesmo se atopaba lixeiramente afundida con respecto á cota da calzada, foi unha das razóns que levaron ó equipo de goberno a priorizar esta actuación. A empresa á que se lle adxudicaron os traballos foi Canarga, S.L.. O importe da obra ascende a un total de máis de 34 mil euros.