Ningún neno en Boiro se quedará sen xoguetes este Nadal

    BOIRO> A empresa Soon Management, concesionara da piscina , en colaboración co departamento de Servizos Sociais, puxeron en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para nenos sen recursos. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, e a edil de Servizos Socias, Beatriz Deus, achegáronse esta mañá ata as instalacións da piscina municipal da Cachada para recibir de mans do director do complexo deportivo, Antonio Muíños, os xoguetes recollidos pola entidade nas últimas semanas dentro da campaña solidaria que a empresa Soom Management decidiu poñer en marcha en colaboración co propio departamento de Servizoz Sociais do Concello. O rexedor boirense destacou a importancia desta iniciativa solidaria que permitirá que unhas 19 familias do municipio, ó redor duns 38 nenos de idades comprendidas entre os seis meses e os trece anos, poidan recibir esta Nadal o seu xoguete. Efectivos de Protección Civil serán agora os encargados de entregar os xoguetes os rapaces nos seus domicilios.