Os positivos por covid seguen a medrar na área Santiago-Barbanza

BARBANZA> Os positivos por covid na área sanitaria Santiago-Barbanza seguen aumentando, ó igual que no resto da comunidade. O último parte remitido por Sanidade eleva a cifra de contaxiados a 35. Cinco máis que onte. Trátase do repunte de casos máis elevado experimentado nas últimas semanas. E dáse tamén o caso dun ingreso por esta doenza no Clínico de Santiago. O último paciente ingresado por covid en hospitais desta área sanitaria recibiu a alta o 28 de xullo. A cifra de pacientes curados elévase ás 1805 persoas e o nímero de PCR realizadas dende o inicio da pandemia sitúase preto das 39 mil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí