Modesto Pose acusa a Rafael Louzán de ‘fabricar tránsfugas’

    modesto_pose100.jpgPONTEVEDRA > O secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, non escatimou en críticas ó seu homólogo no PP Rafael Louzán.

    {flowplayer}images/salnes/MODESTO_POSE1.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Comunicada a data dos comicios autonómicos, os partidos xa están máis que metidos na carreira electoral. O secretario provincial do PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, ofreceu hoxe unha rolda de prensa onde non escatimou en críticas ó seu homólogo no PP Rafael Louzán.

    O motivo inicial da rolda de prensa era falar do Fondo Estatal de Cooperación Local, pero Modesto Pose, o secretario provincial do PSOE en Pontevedra, aproveitouna para dirixirlle algunhas mensaxes ó presidente provincial do PP Rafael Louzán. Para empezar reclamoulle que a Deputación contribúa a axudar ós concellos a superar a crise por medio dun fondo de 11 millóns de euros.

    O caso da moción de censura de Mos foi o segundo argumento utilizado por Pose para criticar ó PP e en concreto a Louzán e acusalo de fabricar tránsfugas. Xa metidos nas eleccións, Pose indicou que inda non está decidido se Emilio Pérez Touriño encabezará a lista socialista pola provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés