Os GALP poñen en valor ó sector pesqueiro coa campaña ‘Queda co noso mar’

GALICIA> Os Grupos de Acción Costeira de Galicia promoven unha campaña para poñer en valor o labor do sector pesqueiro. Leva por título ‘Queda na casa, queda co noso mar’

A flota galega veu reducida notablemente a súa actividade dende que se decretou o estado de alarma. O peche dunha das súas principais canles de comercialización, a hostalería, e a dificultade para manter as medidas de protección obrigaron a moitos profesionais a parar. Co fin de visibilizar o labor do sector pesqueiro, os grupos de acción local de toda galicia puxeron en marcha unha campaña divulgativa Baixo o lema ‘ Queda en casa, que co noso mar’.A través de diversas voces, esta campaña pretende achegar á cidadanía a importancia social e económica do mar , un sector do que dependen directamente máis de vinte mil persoas en Galicia. A Conselleira do Mar quixo agradecer o labor dos GALP na posta en valor dos profesionais do mar.

Esta campaña súmase á posta en marcha pola propia Consellería hai varias semanas para fomentar o consumo de produtos pesqueiros durante a crise provocada polo coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí