O BNG solicita no Parlamento a aclaración das modificacións no PXOM da Pobra

    bngpobra_100_160606.jpgPOBRA > O BNG da Pobra do Caramiñal a través das deputadas Ana Pontón e Carme da Silva vén de presentar unha pregunta parlamentaria para a súa resposta escrita relativa ó PXOM. Precisamente a deputada nacionalista achegouse ata o concello pobrés para  explicar algunhas das cuestións sobre as que solicitaron información ante a cámara autonómica.

    A voceira do grupo municipal do BNG na Pobra do Caramiñal, Rosana Pérez, sinalou que esta será a primeira iniciativa da súa formación de cara a coñecer máis sobre aquelas cuestións que aínda non están demasiado claras dentro do PXOM. Segundo ela  nos últimos días está a saír diversa información que en lugar de aclarar está a crear maior preocupación entre os veciños. Neste sentido Rosana Pérez culpou de novo ó alcalde de intentar confundir ós cidadáns do concello.

    Ana Pontón sinalou que o interés dos grupo parlamentario do BNG sobre este asunto responde unicamente  á importancia e transcendencia que terá o novo planeamento urbanístico de cara ó crecemento deste municipio e a súa influenza na vida dos veciños e na actividade económica.pxom_200_160606.jpg

    Entre as solicitudes do BNG atópase unha pregunta relativa ás modificacións realizadas sobre o trazado da estrada de circunvalación contemplada no PXOM, sobre a que os veciños non tiveron oportunidade de alegar xa que se produciron importantes modificacións despois da súa aprobación inicial. Outro aspecto sobre o que inciden os nacionalistas foi a amplioación prevista para o polígono industrial e os núcleos tradicionais na zona da costa.

    Redacción Barbanza