2.500 pontevedreses beneficiaranse do novo plan de activación de emprego

PONTEVEDRA> 2.500 persoas na provincia de Pontevedra beneficiaranse do novo Programa Extraordinario de Activación para o Emprego, segundo Comisións Obreiras. A axuda será de 426 euros, e irá destinada aos parados de longa duración con responsabilidades familiares e que xa esgotaran todas as prestacións.

 

426 euros para os parados de longa duración, con cargas familiares e sen prestacións. Esta é a axuda que aportará o novo programa de activación para o emprego, e que pode chegar ata 2.500 persoas na provincia de Pontevedra.

Dende Comisións Obreiras non se ve esta medida como unha panacea, aínda que sinalan que se trata dunha axuda de emerxencia. Tamén agardan que se realicen melloras na revisión prevista antes de abril de 2016.

García Pedrosa ofreceu a axuda do sindicato a calquera persoa que poida estar interesada neste programa, xa sexan afiliados ou non.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/ccoo_activacion_emprego.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/ccoo_activacion_emprego.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí