PONTEVEDRA> A praza de Pontevedra énchese nestes días con xente en busca de sardiñas. San Xoán está a piques de chegar e nel non pode faltar a tradición de mollar a sardiña no pan. Unha tradición que, de momento, non se sirve cara, xa que os prezos se manteñen a 6 e 7 euros o quilo.
A tres días de que se celebre a noite de San Xoán, esta mañá quixémonos achegar ata o Mercado de Abastos para comprobar se este ano, elas seguen sendo as protagonistas destas festas.
Contra todo prognóstico, os prezos das sardiñas nesta tempada, de momento, non subiron, entre 6 e 7 euros o quilo.
Iso si, a pesares de que os prezos están baixos, os veciños de Pontevedra prefiren agardar un pouco máis e comer as sardiñas frescas.
E aínda que as sardiñas sempre serán unha tradición en San Xoán, o certo é que este ano o tempo e o calendario non son os máis axeitados.
Cos prezos enriba da mesa e os dedos cruzados para que non choiva, agora soamente queda decidir se queremos achegarnos xa a praza e mercar as sardiñas a un bo prezo, ou arriscarse ao último momento e, compralas frescas.