BNG e PSOE aproban unhas contas de 69,5 millóns de euros para o 2015

PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten orzamentos para o 2015. Os votos dos partidos do goberno, BNG e PSOE, aprobaron en solitario as contas para este ano, que ascenden a 69,5 millóns de euros. O documento non contou co apoio do grupo popular nin da concelleira non adscrita María Biempica.

 

En dúas horas o pleno do concello de Pontevedra aprobou as súas contas para o 2015. 

O documento non convenceu aos populares. O grupo presentou unha emenda á totalidade dos orzamentos que, segundo denunciaron, non recollen ningunha das súas propostas.

Estas reclamacións do voceiro popular valéronlle as críticas do Partido Socialista. Para Agustín Fernández, Moreira é un hipócrita por votar no Parlamento Galego o contrario do que esixe en Pontevedra.

Ademais dos oito concelleiros do PP presentes no pleno, tamén votou en contra dos orzamentos a edil non adscrita. María Biempica reclamou máis cartos para a promoción económica.

Os votos dos concelleiros nacionalistas e socialistas, catorce en total, foron suficientes para sacar adiante os orzamentos para o 2015, que no pleno defenderon un total de sete edís nas súas correspondentes áreas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/pleno_orzamentos_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/pleno_orzamentos_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí