Veciños de Pontevedra e arredores reclaman a reapertura ao tráfico de Raíña Vitoria

PONTEVEDRA> Centos de persoas protestaron o pasado venres contra o peche da avenida Raíña Vitoria, en Pontevedra. A unión de asociacións ‘Por Pontevedra’ foi a convocante do primeiro gran acto de protesta contra esta decisión, que o goberno local tomou en setembro de 2020. Dende a praza do concello reclamaron a reapertura do tráfico e a reurbanización da avenida.

Máis dun ano despois deo peche ao tráfico da avenida Raíña Vitoria, centenares de veciños mobilizáronse en Pontevedra contra esta decisión do goberno local.

A convocatoria do pasado venres foi tamén a primeira mobilización encabezada pola unión de asociacións ‘Por Pontevedra’. No manifesto que leron na Praza do Concello, acusaron ao goberno local de falta de diálogo.

Por iso reclaman a reapertura do tráfico e a reurbanización da avenida Raíña Vitoria.

A manifestación contou co apoio do Partido Popular, coa presenza de Rafa Domínguez, voceiro en Pontevedra, e Ángeles Moldes, líder do PP en Poio. Ademais, asistiron traballadores de ENCE, o candidato de VOX á alcaldía Manolo Torres e a exedil de Ciudadanos, María Rey, entre outros. Tamén moitos veciños anónimos que se ven afectados pola medida.

Dende ‘Por Pontevedra’ insisten en que non son o xermolo de ningunha opción política. Polo de momento, xa convocaron unha nova mobilización para o vindeiro 10 de decembro, con hora e lugar aínda por concretar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí