Poio celebra as Letras Galegas visibilizando o papel da muller na escrita

POIO> As Letras Galegas no Concello de Poio terán este ano un marcado ton feminino. Aproveitando que este ano se lle rende homenaxe a Xela Arias, o concello decidiu apostar pola visibilización do papel da muller no mundo das letras. Entre outras moitas propostas, van organizar un faladoiro no que participarán a xornalista Susana Pedreira e a poeta Tamara Andrés.

Poio ten todo preparado para celebra-las Letras Galegas. Este ano, aproveitando que a autora homenaxeada é Xela Arias, o concello quere visibili-lo papel da muller no mundo da escrita. Para iso, entre as propostas deste ano salienta un faladoiro no que a xornalista Susana Pedreira e a poeta Tamara Andrés debaterán sobre a presenza do galego nos seus ámbitos.

Unha perspectiva feminista que tamén estará presente tamén na entrega de premios do Concurso Literario Xaime Illa. Na gala entregaranse os galardóns deste ano e tamén os do pasado, acto que adiarse por mor da pandemia.

Tanto estas como o resto de iniciativas do programa contan coa colaboración da Cultural de Raxó. Na entidades alientan as estritas medidas de prevención contra a covid. Tódolos actos van ter lugar no centro cultural de Raxó. En todos os casos cunha capacidade limitada e inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí