Novos descontos nos autobuses a Monte Porreiro

PONTEVEDRA> O Concello renovou esta mañá o contrato de subvención da liña de transporte público a Monte Porreiro. Con este acordo, o Concello e a empresa adxudicataria, Autocares Rías Baixas, pretenden ofrecer mellores condicións aos veciños cunha redución no prezo do billete dun 60% .

Este é o momento no que o Concello e a empresa Autocares Rías Baixas asinaron esta mañá o novo contrato de subvención da liña de transporte público a Monte Porreiro. Un convenio que busca mellorar ás condicións, sobre todo, para a xente nova.

Con esta subvención, a partir da viaxe número 6, os veciños contarán cun desconto na súa tarxeta dun 60% por billete.

Esta mellora pretende seguir fomentando o uso da tarxeta entre os cidadáns. Un uso que xa se incrementou nos últimos anos.

O orzamento da subvención é de 70.000 euros e este novo convenio ten unha duración dun ano.