A Policía Local non considera que “boicoteara” o pregón das festas da Peregrina

Pontevedra> A Policía Local de Pontevedra agarda poder retomar as negociacións do seu convenio co concello a partir do mes de setembro. Dende os sindicatos Comisións Obreiras e UGT piden explicacións tanto ao alcalde como á concelleira de seguridade cidadá tralas súas declaracións sobre o día a día da policía local. Estes traballadores tamén quixeron deixar claro nesta xornada que non tiveron ningunha intención de boicotear o pregón das festas, sí de manifestarse contra o Goberno Local.

Tralo pregón das festas a Policía Local de Pontevedra volveu a aparecer hoxe en escena, nesta ocasión convocando unha rolda de prensa onde solicitaron explicacións ao alcalde cando dixo que a Policía Local vivía ben e tamén a concelleira de seguridade cidadá cando di que o PP está orquestrando toda esta campaña.

Dende a Policía Local dixeron nesta xornada que non tiveron ningunha intención o pasado sábado no pregón, no inicio das festas da Peregrina de boicotear dito pregón. O que sí que pretenderon con este acto é o de amosar o seu malestar co Goberno Local.

Dende a Policía Local agardar retomar as negociacións das condicións laborais e salariais a partir de setembro. A petición que está sobre a mesa é a mesma, a equiparación co grupo C1, ao que corresponden dende o ano 2007. O desacordo entre Concello e representantes sindicais sitúase no 1800 euros.