Volve o Ben Veñas Maio!

PONTEVEDRA > Volve o Ben Veñas Maio! O certame que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización dos institutos de Pontevedra, busca promover o uso do galego entre os xoves pontevedreses.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe, xunto co coordinador do programa de normalización lingüística do Instituto Valle Inclán, Franscisco Suárez, unha nova edición do certame Ben veñas Maio! O proxecto, que naceu fai 26 anos, busca promover o uso da lingua galega entre a mocidade pontevedresa. Ademais, este ano, incorpórase unha pequena novidade.

Banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía, curtametraxe e videoclip musical. Esas son as seis seccións nas que todos os alumnos matriculados nos centros públicos de Pontevedra poden participar. As regras seguen sendo as mesmas que nas edicións anteriores.

A iniciativa ten como obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua.

Os alumnos interesados en participar nalgún ou en varios dos certames, teñen de prazo ata o día 23 de abril para presentar as súas creacións. A entrega de premios se levará a cabo o día 9 de maio no Pazo da Cultura.

Comments are closed.