BOIRO> Por primeira vez, nos seus 57 anos de historia, o Club Deportivo Boiro, disputará a primeira eliminatoria da Copa do Rei.
E todo grazas a súa vitoria de onte en terras cántabras, onde vencía por cero goles a un, ó CD Monte.
Un solitario gol de Emilio Carril antes do descanso permitirá poder vivir esta fazaña. Os de Anxo Casalderrey libraron un partido moi serio, que se caracterizou pola súa igualdade.
O partido foi seguido con emoción no campo, pero tamén nas gradas, a onde se desprazaron máis dun cento de afeccionados boirenses para arroupar ó equipo neste decisivo partido.
O Boiro espera agora rival. Será un equipo de primeira, dos que non participan en competicións europeas.
E as miradas agora están xa fixadas no próximo martes, no sorteo que se celebrará na sede da Real Federación Española de Fútbol. Podería enfrontarse a partido único en Barraña ó Celta, no que sería un derbi galego.
En Boiro preparan xa con entusiasmo este partido que, ademais do meramente deportivo, suporá unha importante inxección económica para o Club.
Coñeceremos ó seu rival o martes, a partir da unha..